lunes, 7 de septiembre de 2009

O PARTIDO POPULAR DE GALICIA... MAIS ACTIVO QUE NUNCA

Neste mes de setembro a actividade do partido popular vai a ser de alto nivel!
falo de alto nivel, pois teremos unha gran cantidade de actos e cunha previsible alta participación da militancia.

O sábado estiven a clausurar o congreso de NNXX de Lalín, un claro exemplo de compromiso de traballo co partido e co seu pobo, un lugar onde se falou de "vocación de servizo público" da política, e alto interes por traballar polo benestar dos veciños. Teño que felicitar desde este meu rincón persoal, á organización deste acto, ó PP de Lalín (Pepe Crespo, Román ou Fe) e sobre todo ós mozos de novas xeracíóns de Lalin, á mesa do Congreso, o Presidente Salinte (Marcos) que sin dúbida deixou unha pegada inesquecible, e o Presidente entrante (Pablo) e o seu equipo, que sin dúbida empezaron un novo camiño con "un paso axeitado" ás necesidades do noso prtido e do noso pais na actualidade. Moito traballo e moita sorte!

o luns tocou comité de Dirección, onde se plantexou a periodificación dos congresos provinciais cara o resto do ano 2009, se repasou esta apretada axenda de setembro e asistimos ó informe dos Conselleiros de Medio Ambiente e Infraestruturas e do Conselleiro de Presidencia, e ......outras moitas cousas.


Teremos un Comité das Cidades, órgano consultivo do partido para un ámbito que ten moitas implicacións electorais.

E o gran "ACTO" é a Romería Popular en Silleda, na que nos vamos a xuntar mais de 10.000 afiliados e simpatizantes. Un acto festivo, con música, atraccións, mercadiño
comida....todo o necesario para ¡pasalo ben! pois non so de discursos políticos vive o home!

Xa seguirei contando, boas noites.

lunes, 31 de agosto de 2009



UN FIN DE SEMANA DE TRABALLO ... PERO CON FESTA¡¡¡

O sábado despois de estar no acto de inicio do curso político do PP, en Soutomaior, acodin a celebración da festa da "Cachena" en Quintela de Leirado ... certamente esta carne de Cachena ... estache moi boa! cocida ou richada, moi ben sazonada, estaba unha gozada! (vaia verso mais cutre me saiu)
Mais de mil comensais, ós que atendedeu con gran eficacia "O Manolo de Chantada" que preparou a comida. Unha moi boa organización baixo a batuta de José Antonio (Alcalde) e Pablo (Tte Alcalde).
A xente saia encantada... so nos faltou un bañiño na recentemente inaugurada piscina de Quintela, dende a que tomando o sol ou refrescando na auga podes disfrutar dunha paisaxe, co val do Deva, os pes, que quedas "pasmao"... mágoa non puido ser o do baño!!



E a cousa non rematou ... pois o domingo asistín a festa da vendima, un pregón "moi acaido" e "académico" como corresponde o Sr. Conselleiro de Educación, amigo Jesús, ilustrounos de veras ... non era para menos na edición nº XX desta festa.

18 carrozas escenificando momentos da vendima, pero quedou claro que o que mais nos gusta da vendima ... é cando se acaba, e podemos sentarnos a comer e celebralo, foi esta a carroza que mais se repetiu, que lle permitiu o "xurado" e tamén "algo ós políticos" probar as suculentas viandas do ribeiro (pois non so escenificaban senón que daban a proba).

O mellor, a gran participación dos veciños de Leiro e unha inxente cantidade de xente que o seguiron.


Rematado o desfile, cun sol de rigor, deixei Leiro (aqui non quedei ó Xantar a pesar do convite do Sr. Alcalde) pois tiña obrigas familiares que cumprir.

Agosto empeza no ribeiro coa festa do pemento de Arnoia e remata coa festa da Istoria de Rivadavia e a da Vendima de Leiro.

Boas noites.

lunes, 24 de agosto de 2009

DESPOIS DE VARIOS MESES DE AUSENCIA ... OUTRA VEZ OPERATIVO!

Xa pasaron varios meses desde o meu último comentario....
certamente moitos foron os acontecementos que se deron dende aquela ... mesmo algún non positivos no ámbito persoal, pois un ser querido está a pasar por serias dificultades de saude, das que estou certo que sairá.

Pasou o periodo de vacacións ... sen vacacións! Allariz, Santiago e Ourense foron os lugares cotiás para min nestes últimos 2 meses.

Remata agosto ... este fin de semana xa se organiza o acto do PP de inicio do curso político, e así de novo volveremos a estar ó 100 % de actividade despois de rematar o verán, no que normalmente as cousas se relaxan, un pouco!

Moito traballo nos espera en setembro, temos os Comité das cidades a principios de mes, a Romería do PP alá para fin de mes, hai que preparar a escola do PP de G, retomamos as sesións no Parlamento de Galicia, .... moito, moito que facer!

Alá Vamos, coa maior ilusión e ganas de traballar, pois a situación así o require, e non se poden escatimar esforzos!!

martes, 19 de mayo de 2009

O BIPARTITO NON SO DESPILFARROU SENÓN QUE QUIXO OCULTAR O ENGANO ÓS GALEGOS.

ACABAMOS DE COÑECER QUE O BIPARTITO QUIXO CAMBIAR, UNHA VEZ PERDIDAS AS ELECCIÓNS (O 23 DE MARZO), AS "ELITISTAS" SILLAS DE 2.300 €, POR OUTRAS "MENOS OSTENTOSAS" .... CECAIS SE ARREPENTIRON DE TAN INOPORTUNO GASTO (RECTIFICAR É DE SABIOS) ... POIS NON! A PRETENSIÓN É QUE NON SE VISE POLO GOBERNO ENTRANTE TAN DESMESURADO LUXO ... VIVIR PARA VER, PRIMEIRO DERROCHAN E LOGO QUEREN OCULTAR "O LUXO", PERO ¡OLLO! QUE NON ÍAN CAMBIAR POR OUTRAS MAIS BARATAS E REBAIXANDO O CUSTO... NON¡ SOMENTE CAMBIABA AS SILLAS PERO O GASTO O MESMO ... PAGAR O MESMO POR UN MATERIAL MAIS BARATO SO PARA OCULTAR "OS VICIOS DO LUXO".
E QUE LLES PARECE TEÑAN UNHA TELE DE 105 PULGADAS, QUE TIVO QUE VIR DE FORA, POR QUE EN GALICIA NON HABÍA (CARA...! CON ESTES GALEGUISTAS E SOCIALISTAS DO PROLETARIADO), QUE LLES PAREE TEN UNHA VIDREIRA CON "MANDO A DISTANCIA" PARA ESCURECELA OU ACLAREALA SEGUNDO INTERESE, PARA VER O XARDIN E O ESTANQUE QUE CUSTARON 50.000 €, TODO ISTO PISANDO NUN PAVIMENTO 400 €/METRO CUADRADO (VAMOS COMO QUE TEMOS TODOS NA CASA, SOBRE TODO OS 200.000 PARADOS).

CERTO É QUE A REALIDADE SUPERA A FICCIÓN, QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS SON DADOS A ESTE TIPO DE COMPORTAMENTOS. SEGUIRÁ O SR. MANUEL VAZQUEZ ESTANDO EN ACORDO CON ESTOS SUNTUOSOS GASTOS, QUE NO SEU MOMENTO AUTORIZOU COMO MEMBRO DO GOBERNO ... OU SERÁ CAPAZ DE PEDIR DESCULPAS POR DESPILFARRAR O DIÑEIRO DE TODOS OS GALEGOS, EN TEMPOS DE GRANDES DIFICULTADES ECONÓMICAS. ALGO DE HUMILDADE E RECTIFICACIÓN NON VIRÍA MAL!! NON SI?
BOAS NOITES, E DEUS NOS LIBRE DUN GOBERNO DESPILFARRADOR PORQUE COMO DICÍA MIÑA ABOA: ¡NON HAI POUCO QUE NON CHEGUE NIN MOITO QUE NON SE ACABE!

CANTAS COUSAS PODEN CAMBIAR EN POUCO TEMPO.





















Fai unhos 25 días que non escribía os meu comentarios. andaba daquela atarefado colaborando coa posta en marcha do novo grupo parlamentario, veu logo o congreso do PP de G no que participei como ponente de "Estatutos".
Entre o meu satisfactorio traballo no partido en Allariz, no Concello de Allariz e no Grupo Parlamentario, apareceu unha proposta "certamente sorprendente" e "moi satisfactoria" para min.
O Presidente do Partido Popular de Galicia, novamente candidato nese intre, proponme incorporarme ó PP de G como "Vicesecretario-Portavoz" .... silencio largo ..... foi a miña primeira resposta .... deixoume abraiado ... despois de recuperar o alento .... despois de "sentirme satisfeito" ... despois de "sentirme moi agradecido" ... despois sentinme ... moi aco... bueno, "certamente abrumado e preocupado" pola responsabilidade que eso suporía, dixen que si.
É un gran honor poder ser a voceiro do PP de G, dos 100.000 afiliados, dos mais de 700.000 votantes.
Pola cabeza pasouseme, unha outra vez ... serei capaz de trasladar de xeito claro e preciso a mensaxe do partido, serei capaz de xerar ilusións en tantos galegos que se "miran no PP", estarei a altura do que esperan de min os afiliados e simpatizantes, do que desexan os meus veciños de Allariz e de A Bola, saberei responder as instrucións do meu presidente e mailo meu Secretario Xeral, con todo iso poderei seguir sendo ... como son e quero ser?

O reto está servido, no camiño estou, ei de andalo por min mesmo ... e teño que facelo, con serenidade, con reflexión, con esforzo e con pasión.

O futuro será o testigo da miña meta!
Gracias por permitirme chegar ata aquí, ós Alaricanos, ós ourensáns e ós galegos.

Moi agradecido.

viernes, 24 de abril de 2009

LER PARA CRER: CANDO A POLÍTICA SE SITÚA PORRIBA DOS LEXÍTIMOS DEREITOS DOS CIDADÁNS.(EL CONCEPTO ES EL CONCEPTO)


Nestes días puiden ler detidamente un "acto administrativo" ditado polo Concello de A Bola, responsabilidade da súa "resaltada" Alcaldesa e , supoño, do seu "sabido" Asesor. Documento que a pesar de estar asinado por certa "secretaria accidental", que é unha digna auxiliar administrativa, e que de certo non é responsable do seu contido por non ser da súa autoria, senón dos anteditos "presuntos sicofantes" que cecais en vez dunha resolución administrativa en materia de disciplina urbanística sesudamente redactada, con feitos e fundamentos de dereito, optaron por "unha especie de crónica catilinaria" basada non (ogallá o fora) nos clasicos gregos ou romanos, senón nos "actuais do celuloide" ... en concreto nunha comedia española, moi lograda no meu humilde entender e segundo o meu gusto (que non ten porque coincidir co dos demais) na que o galego "manuel Manquiña" fai un logrado papel.

Pois ben, para apreciar a beleza desta "perla administrativa", na que se arrastran pola lama (de xeito literal) os dereitos dun cidadáns que debería ser tratado con respeto e dignidade polos seus gobernantes, é necesario ler o contido de dita resolución, está publicada ... pasen y vean!!



PAX. 22 B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 8 4 · M é r c o r e s , 1 5 a b r i l de 2 0 0 9



martes, 21 de abril de 2009

HOXE SOLEMNE SESIÓN DE APERTURA DA LEXISLATURA NO PARLAMENTO DE GALICIA


Hoxe pola mañán levouse a cabo a Sesión de apertura da lexislatura no Parlamento de Galicia ... é o pistoletazo de saída para o traballo parlamentario ordinario despois da investidura do novo Presidente da Xunta.


Xa temos ganas de iniciar o traballo ordinario, de defender as nosas propostas, de preguntar ó Goberno, de escoitar as liñas maestras de traballo de cada Consellería ... de recordarlle os da Oposición, e que fai poucos días foron goberno, que agora as cousas fanse doutro xeito ... ou simplemente que agora fanse!! Que agora temos un goberno cun único obxectivo ... servir ós galegos.


A Presidenta do Parlamento hoxe xa adiantou que dentro do necesario consenso, hai que reformar o regulamento do Parlamento para que este sexa mais dinámico e mais vivo, para que no Parlamento se poida esta discutindo o que preocupa na rúa nese preciso momento e non con meses de retraso ... un atractivo reto nos espera.


Iremos vendo....

Boas noites.

RETOMAMOS O PULSO DA REDE: GALICIA XA TEN NOVO PARLAMENTO E NOVO GOBERNO.

XA PASARON MAIS DE 20 DÍAS DENDE O MEU ÚLTIMO COMENTARIO ... ESTIVEN ALGO DISPERSO DURANTE ESTES DÍAS.....
PERO AQUI XA DE NOVO, PARA FALAR DE COMO GALICIA XA TEN UN PARLAMENTO EN FUNCIONAMENTO, XA TEN UN NOVO GOBERNO .... XA TEN UNHA NOVA XERACIÓN DE POLÍTICOS POPULARES DISPOSTOS A AFRONTAR CON RESPONSABILIDADE, CAPACIDADE E TRABALLO ESTE DIFICIL MOMENTO QUE NOS TOCA VIVIR.
EU SEI QUE DENDE O PARLAMENTO, POLO QUE TAMÉN ME TOCA, VAMOS A ESTAR MAIS ACTIVOS QUE NUNCA, E DENDE ESTE NOVO GOBERNO(TAMÉN POR IDADE), QUE CHEGA CUNHA ILUSIÓN ENORME, VAISE A DAR O PULO QUE GALICIA NECESITA NESTE TAMÉN NOVO SÉCULO.

HOXE SESIÓN DE APERTURA DE LEXILATURA NO PARLAMENTO, ÁS 12.30 H, XA VOS CONTAREI...
BOS DÍAS

lunes, 30 de marzo de 2009

Xa temos os "membros populares" na mesa do parlamento de Galicia.

Onte soubose polos medios que a Presidenta do Parlamento de Galicia vai a ser a Deputada Popular "insigne" Dona Pilar Rojo Noguera , hoxe soubemos que o Vicepresidente é o noso "apreciado e eminente" Manuel Baltar (fonte do coñecemento histórico desta nova mesa), e o Secretario será o compañeiro "salientable" JM Balseiro. Meus parabéns para estes tres compañeiros e moita sorte no desenvolvemento das súas novas tarefas.

Estos son os membros "con poderío", e os dous que quedan tocalle a PSOE, salvo que sexa "xeneroso" co BNG e lle preste un posto para "repescar" algún Alto Cargo, xa non tan alto pero igualmente digno (eso creo).

Queda por desevelarse quen será o Portavoz ??? do Grupo Popular e os Adxuntos?? pero para iso parece que ainda teremos que esperar. Este presi tennos "rillando nos dedos" ... supoño que a espera merecerá a pena!!

Por certo Alberto estuvo fino esta noite!! Pero Mariano foi "agudo coma un allo" vaia maneira de repartir "coñecemento" sobre o pais. Hai si a zapatero se lle pegara ¡ algo!!

Boas noites ... que xa é hora de "meterse no sobre".

miércoles, 25 de marzo de 2009

O Grupo Parlamentario Popular reanuda o seu camiño nunha nova lexislatura e co cometido de sustentar un novo Goberno para Galicia.


Hoxe tivemos a primeira reunión de Deputados electos do Gupo Parlamentario Popular ... entre nós estaba o próximo presidente da Xunta.

Este Grupo Parlamentario que na VII lexislatura rompeu todas as marcas de traballo parlamentario da oposición de todos os tempos, con mais de 30.000 iniciativas, tamén vai a establecer, estou seguro, un novo record de traballo de grupos que sustentaron o goberno.
Santiago. Pepe Ferrin/AGN.-


Somos 38 deputados, nos que se combina a frescura e xuventude das novas incorporacións, coa experiencia e veteranía doutros tantos(19+19), axeitadamente dirixidos e coordinados co Partido e co novo Goberno, non me cabe dúbida de que seremos quen de satisfacer as espectativas que puxeron en nos todos os galego o día 1 de marzo.

En 7 días volveremos a xuntarnos para elexir o Presidente e a mesa do Parlamento, para xurar o cargo, e a partir dese momento empezará o proceso para nomear novo presidente da Xunta ... o Presidente Feijoo.

Boas tardes ... seguireivos contando dende o Pazo do Hórreo.



sábado, 21 de marzo de 2009

Onte foi San Pepe ... e hoxe a realidade cotiá:

Onte como foi día de San Pepe, meu sogro maila miña esposa tiveron que invitar a unha boa paparota, que disfrutamos en familia e na casa.

Hoxe pola mañá volvemos a normalidade e puiden estar por Allariz, falando coa xente pola rúa (que por certo está moi parlanchina) e acodir ó Concello a revisar unhas cuestións pendentes. Hai que controlar acotío ....

Pola tarde recibín unha curiosa "notificación" do Sr. Alcalde, "animandome" a retirar un par de cordas e unhos farrapos, restos dunha pancarta do PP das eleccións (Que foi valorizada enerxéticamente por algún non PP, seguramente mais amigo do alcalde que meu). De xeito que si en tres día non as retiro, vaime por unha multa ou procederá a unha "execución subsidiaria" (manda carallo), e dicir que saca o concello e pásame a conta.

Non me sorprende a actitude, pois este é o mesmo que fai días lle dixo no Pleno a miña compañeira Concelleira Luci que "aqui a educación tamén se impón pola forza" (testemuña sonora podese consultar no Youtube, http://www.youtube.com/watch?v=rSEWsIahJJM).

Agora estou pensando ... si respostarlle dandolle 3 días para que retiren do muro do instituto a pintada publicitaria do BNG que leva tempo ... e si non a quitan, vou a pintar o muro e pasolle a factura o BNG ou o Concello ... que vos parece??

Boas noites e que deus vos libre dun "progresista e dialogante" goberno Bloqueiro!!

martes, 17 de marzo de 2009


Os do bipartito ainda seguen "cocendo fabas"
Polas garantías no acceso ó emprego público .... contra as oposicións amañadas.


Hoxe tiven unha rolda de prensa en Santiago na sede do PPdeG para esixirlle a Vicepresidencia do Sr. quintana que paralice o proceso selectivo do Consorcio de Servizos Sociais. Pretender facer fixos con privilexios a quen xa ocupa postos temporais previa selección moi polémica e onde unha entrevista era parte determinante. Seguramente parte dos traballadores accederon ó seu posto por mérito e capacidade, eses non deben ter temor ... o PP o que pretende é que o proceso se faga con todas as garantías legais e con respecto ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.


Non se pode permitir que a través dun apaño se convirta en fixa a determina señora, parella dun alcalde do BNG, que ten posto nunha residencia dun Concello do que a sua parella é alcalde. Non se pode permitir que a muller dun Concelleiro do BNG que traballa na Galescola do concello onde seu marido é edil, por arte de birli-birloque se convirta en fixa. Claro que a estas señoras que gracias a unha entrevista tiveron praza temporal, por eso van a darlle 9 veces mais de puntos que outros traballadores temporais da Xunta. Dous exemplos que ilustran "as garantías" e o porque as presas coas que se pretende facer este proceso selectivo. (pistas ... ambos concellos están na reserva da Biosfera ... e tamén parece que da BNGASFERA ... será que agora son especie protexida)
Se tivesen a mesma presa para tramitar as prestacións da dependencia ... hoxe en Galicia non habería nin un dependente sen evaluar e sen cobrar!!
O Cid despois de morto disque seguía gañando batallas ... Quintana logo de perder segue a facer cacicadas!!

¡¡Boas noites!! e que os novos tempos traian unha rexeneración do Goberno Galego ... eso é o que lle pediron o 1 de marzo os galegos ó PP ... e eso lle teremos que dar para non defraudalos.
Mais sobre este tema:


martes, 17 de febrero de 2009

Allariz quere ser popular

Hoxe foi un día na que o candidatura do PP se centrou en Allariz.

Pola mañá visitamos a feira acompañados de José Manuel Baltar, Rosendo, Roberto Castro e Marisol Díaz. Durante mais de 2 horas recorremos a feira repartindo información electoral, motivo polo cal soubo moito mellor o cafeciño do descanso.

Pola tarde, acompañados polos veciños da comarca, tivemos un entusiasta mítin no hotel AC, arroupados por mais de 500 persoas.

Desfrutamos das palabras de Rosendo, do Presidente Feijoo e , por suposto, das xenialidades do noso incombustible Presidente Provincial, Baltar.

Sentímonos moi a gusto co calor que nos brindaron os veciños e veciñas que nos acompañaron, neste primeiro mítin festexado no salón do hotel AC... ¿Será premonitorio da nova etapa do PP en Allariz?

Cada día notamos que Allariz ten mais ansias populares. Foi un paso mais para por o noso gran de area, que permita que a partires do 2 de marzo, Galicia volva ter un Presidente como merece, un Presidente Popular... o Presidente Feijoo.

CHEGOU O MOMENTO!

domingo, 15 de febrero de 2009

Comeza a campaña co maior acto político da historia de Galicia

Hoxe acudín no correspondente bus acompañando aos meus veciños de Allariz á praza de touros de Pontevedra, onde se celebrou o mítin de maiores dimensións que Galicia puido acoller. E tiña que ser a cargo do partido que mais se parece a ela, a Galicia, á nosa terra: o Partido Popular.

Nel interviron Telmo Martín, Albor, Fraga, Rajoy e o noso candidato, Alberto Núñez Feijoo.

Nunca vira tal... nunca tanta ilusión, nunca tanta entrega, nunca o PP foi tan capaz de revalidar a 5ª maioría absoluta en Galicia!

Os nosos Presidentes Nacional e Autonómico saíron a hombros da praza despois de conquistar aos asistentes e de deixarlles nos beizos o sabor á victoria que o PP obterá o 1 de marzo.

Voltamos a Allariz ás 10 da noite cargados de ilusión despois do compartido.

Aínda houbo tempo para compartir unha cea de San Valentín coa miña namorada, Pepa.

viernes, 13 de febrero de 2009

Tradicional e histórica pegada de carteis en Allariz


Soaron as 12 da noite, e como un resorte activáronse as basoiras empapadas en cola para untar o taboleiro de madeira e colocar sobre a húmida superficie un cartel do novo Presidente da Xunta o día 1 de maro.

Deuse saída á recta final que nos levará ás eleccións galegas, que permitirán que o PPdeG volva acadar a maioría absoluta, e, por fin, os galegos e galegas poderán volver ter un Presidente Popular que lles permita recupera-la ilusión e comece a tomar medidas para que poidamos sair desta dolorosa crise económica e de emprego que nos está afogando.

A por eles! Galicia ben o merece! Xa está ben de Bipartito, hai que rebelarse contra o sectarismo, o despilfarro, a falla de ideas, a incapacidade para gobernar e os líos continuos.

É a hora da liberdade, da ilusión, do traballo, do esforzo, da capacidade, e da responsabilidade... CHEGOU O MOMENTO!!

COMEZAMOS!!!

martes, 3 de febrero de 2009

O Concello de Allariz ten un déficit de 3 millóns de euros

.

http://www.laregion.es/noticia/80698/allariz/pp/denuncia/fondos/municipales/ayuntamiento/

O Concello de Allariz, que preside o BNG, mantén un buraco sen fondos nas débedas provintes do ano 2007.

Dende o PP de Allariz xa o viñamos denunciando dende hai tempo, pero agora a situación é insostible.

No Pleno do pasado venres, o BNG, na súa liña de botarlla imaxinación á vida, anunciaba un superhábit de 200.000€ nas arcas municipais... nada mais lonxe da realidade.


Allariz conta cunha débeda pendente de cobro de 7 millóns de euros, nada menos, a aínda así atrévense a negalo.

Dende o PPde Allariz tan só podemos lamentar esta falla de transparencia e de respeto cara os cidadáns alaricanos, o cales están sendo gobernados por un Alcalde que oculta a verdade das contas municipais.
Pola nosa banda, faremos todo o que estea nas nosas mans para que se cumpra a lei e estabilidade orzamentaria, que agora mesmo está sendo vulnerada polos nacionalistas.


martes, 20 de enero de 2009

Tres festexos nun!

Hoxe festexamos o 15 cumpreanos da miña filla Andrea. Unha data sinalada que, xa de paso, xuntamos co festexo do meu Santo e do meu pai, que tamén se chama Antonio.




Así, nunha velada familiar entrañable, toda a familia puidemos disfrutar diso que ás veces tanto escasea, diso que cando non o temos botamos tanto en falla, diso que podemos dicir que é un tesouro nesta época de moito facer e mais apurar: o tempo xuntos.

domingo, 18 de enero de 2009

As mulleres de Galicia móvense!


Hoxe, data sinalada pola celebración do meu santo, pero sen abandonar o traballo, acompañei ás mulleres que se desprazaron a Xinzo de Limia a un acto que o PPdeG tiña preparado, aínda que elas dicían que ían a un acto "só apto para mulleres".

Foi impresionante ver a mais de 3.000 persoas concentradas naquel pavillón de Xinzo, arroupando a MªDolores de Cospeda, Alberto Núñez Feijoo e José Luis Baltar. "Daba gloria", como dicía algunha das miñas veciñas, ver o cariño da xente alí reunida cos dirixentes populares.

Este foi o primeiro gran acto da precampaña en Ourense, e deixounos un bo sabor de boca... isto promete!!

PD: Felicidade a tódolos meus tocaios.

miércoles, 14 de enero de 2009

Un martes 13 de bo augurio



Hoxe celebramos a xunta comarcal de Allariz-Maceda baixo a Presidencia de José Luis Baltar, o noso Presidente Provincial. Alí estaban representados Xunqueira de Ambía, Maceda, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Allariz e , por suposto, o anfitrión: Vila de Barrio. Acompañounos tamén a Secretaria Provincial Carmen Leyte.

O Alcalde Popular de Vila de Barrio, Julio, recibiunos e levounos a un acolledor café da súa localidade, onde puidemos facer un repaso da actualidade da nosa comarca e dos problemas e propostas de solucións.

Repasamos as recentemente rexeitadas enmendas aos orzamentos da Xunta que impediron inversións na zona que pasarían dos 20 millóns de euros. Sen embargo tanto o BNG coma o PSOE decidiron votar en contra da comarca impedindo que saíran adiante no Parlamento.

Os dous gobernantes da Xunta dixeron NON a vivendas sociais, a centros de día para maiores, a residencias de anciáns, a saneamentos e abastecementos e tamén a unha vía de alta capacidade que vertebraría a comarca: O corredor de Arnoia, de Maceda a Allariz, etc

O PP non se conforma, e todas estas propostas vanse recoller no programa electoral do noso partido cara as próximas eleccións autonómicas.

Tratamos cuestións puntuais de diferentes Concellos, buscando solucións imaxinativas e reflexivas entre todos.

O Presidente provincial aproveitou para trasladarnos o seu ánimo e o seu empuxe para que novamente o próximo 1 de marzo a nosa comarca sexa un puntal mais para permitir que os galegos teñan un Presidente que sexa capaz de xerar ilusión no pobo galego, e con seu traballo e esforzo, gobernando para todos, sen diferenzas, sexa quen de levar a Galicia novamente e de xeito definitivo, á vangarda das comunidades mais avanzadas de España. Falamos claro está de Alberto Núñez Feijoo.

Vamos a por todas, o éxito só depende de nós e ímolo conseguir!

sábado, 10 de enero de 2009

Venres branco en Ourense capital



Despois de moito tempo, os ourensáns puidemos na mañá do venres, contemplar a fermosura do Ourense branco. O frío esqueceuse durante unhas horas pola exaltación que nos produciu descubrir o manto de neve que nos ía acompañar durante esta mañá.

Non é a mellor situación para andar pola estrada, e o meu camiño cara a Allariz desta mañá tivo que ser "con moito xeito", pois estaba un tanto deslizante.



En Allariz, e debido á pendente das rúas do casco histórico e ao seu empedrado, é normal que os viandantes se despracen paseniños, se non queren ver as súas dignas pousadeiras no chan.

Foi un toque de cor que deu un aire distinto ao día, con incomodidades que os amantes da neve non temos inconvinte en asumir a cambio de desfrutar da súa presenza.


jueves, 1 de enero de 2009

Espectacular triangular de fútbol, por unha boa causa




O pasado día dos inocentes, con medo ao frío que logo non fixo, deixei Allariz pertrechado cunha mochila na que levaba a miña roupa deportiva.

Fun para o Couto a xogar un impresionante partido. O do calificativo é por varios motivos. En primeiro lugar, porque se va a enfrontar 3 planteles orixinais, como son, por un lado políticos, polo outro xornalistas e persoeiros da sociedade ourensán, e polo outro os veteranos do Clube Deportivo Ourense. E, en segundo, e o mais importante, pola causa que motiva o partido: recaudar fondos para o Asilo de San José, para que poidan pagar a calefacción durante todo o ano.

Alí estiveron políticos de tódalas cores, e os do PP non iamos faltar, como JM Baltar (Deputado que marcou un gol...estilo Raúl), Roberto Castro (Deputado), Celso Delgado (Deputado), Manolo Seoane (Alcalde de Peroxa), Pardellas (Alcalde de Melón), Poly (Voceiro no Concello de Ourense), Sousa (Concelleiro en Ourense),...

A política permite participar nestas inicitativas solidarias, que axudan a conformar o sentido social que ésta debe ter. É unha ledicia poder xogar no estadio do Couto, e, se ademais a causa é tan solidaria coma ésta, a satisfacción é completa.

Non é ningunha trola, pódese comprobar nos xornais do día seguinte...