martes, 17 de febrero de 2009

Allariz quere ser popular

Hoxe foi un día na que o candidatura do PP se centrou en Allariz.

Pola mañá visitamos a feira acompañados de José Manuel Baltar, Rosendo, Roberto Castro e Marisol Díaz. Durante mais de 2 horas recorremos a feira repartindo información electoral, motivo polo cal soubo moito mellor o cafeciño do descanso.

Pola tarde, acompañados polos veciños da comarca, tivemos un entusiasta mítin no hotel AC, arroupados por mais de 500 persoas.

Desfrutamos das palabras de Rosendo, do Presidente Feijoo e , por suposto, das xenialidades do noso incombustible Presidente Provincial, Baltar.

Sentímonos moi a gusto co calor que nos brindaron os veciños e veciñas que nos acompañaron, neste primeiro mítin festexado no salón do hotel AC... ¿Será premonitorio da nova etapa do PP en Allariz?

Cada día notamos que Allariz ten mais ansias populares. Foi un paso mais para por o noso gran de area, que permita que a partires do 2 de marzo, Galicia volva ter un Presidente como merece, un Presidente Popular... o Presidente Feijoo.

CHEGOU O MOMENTO!

domingo, 15 de febrero de 2009

Comeza a campaña co maior acto político da historia de Galicia

Hoxe acudín no correspondente bus acompañando aos meus veciños de Allariz á praza de touros de Pontevedra, onde se celebrou o mítin de maiores dimensións que Galicia puido acoller. E tiña que ser a cargo do partido que mais se parece a ela, a Galicia, á nosa terra: o Partido Popular.

Nel interviron Telmo Martín, Albor, Fraga, Rajoy e o noso candidato, Alberto Núñez Feijoo.

Nunca vira tal... nunca tanta ilusión, nunca tanta entrega, nunca o PP foi tan capaz de revalidar a 5ª maioría absoluta en Galicia!

Os nosos Presidentes Nacional e Autonómico saíron a hombros da praza despois de conquistar aos asistentes e de deixarlles nos beizos o sabor á victoria que o PP obterá o 1 de marzo.

Voltamos a Allariz ás 10 da noite cargados de ilusión despois do compartido.

Aínda houbo tempo para compartir unha cea de San Valentín coa miña namorada, Pepa.

viernes, 13 de febrero de 2009

Tradicional e histórica pegada de carteis en Allariz


Soaron as 12 da noite, e como un resorte activáronse as basoiras empapadas en cola para untar o taboleiro de madeira e colocar sobre a húmida superficie un cartel do novo Presidente da Xunta o día 1 de maro.

Deuse saída á recta final que nos levará ás eleccións galegas, que permitirán que o PPdeG volva acadar a maioría absoluta, e, por fin, os galegos e galegas poderán volver ter un Presidente Popular que lles permita recupera-la ilusión e comece a tomar medidas para que poidamos sair desta dolorosa crise económica e de emprego que nos está afogando.

A por eles! Galicia ben o merece! Xa está ben de Bipartito, hai que rebelarse contra o sectarismo, o despilfarro, a falla de ideas, a incapacidade para gobernar e os líos continuos.

É a hora da liberdade, da ilusión, do traballo, do esforzo, da capacidade, e da responsabilidade... CHEGOU O MOMENTO!!

COMEZAMOS!!!

martes, 3 de febrero de 2009

O Concello de Allariz ten un déficit de 3 millóns de euros

.

http://www.laregion.es/noticia/80698/allariz/pp/denuncia/fondos/municipales/ayuntamiento/

O Concello de Allariz, que preside o BNG, mantén un buraco sen fondos nas débedas provintes do ano 2007.

Dende o PP de Allariz xa o viñamos denunciando dende hai tempo, pero agora a situación é insostible.

No Pleno do pasado venres, o BNG, na súa liña de botarlla imaxinación á vida, anunciaba un superhábit de 200.000€ nas arcas municipais... nada mais lonxe da realidade.


Allariz conta cunha débeda pendente de cobro de 7 millóns de euros, nada menos, a aínda así atrévense a negalo.

Dende o PPde Allariz tan só podemos lamentar esta falla de transparencia e de respeto cara os cidadáns alaricanos, o cales están sendo gobernados por un Alcalde que oculta a verdade das contas municipais.
Pola nosa banda, faremos todo o que estea nas nosas mans para que se cumpra a lei e estabilidade orzamentaria, que agora mesmo está sendo vulnerada polos nacionalistas.