martes, 20 de enero de 2009

Tres festexos nun!

Hoxe festexamos o 15 cumpreanos da miña filla Andrea. Unha data sinalada que, xa de paso, xuntamos co festexo do meu Santo e do meu pai, que tamén se chama Antonio.




Así, nunha velada familiar entrañable, toda a familia puidemos disfrutar diso que ás veces tanto escasea, diso que cando non o temos botamos tanto en falla, diso que podemos dicir que é un tesouro nesta época de moito facer e mais apurar: o tempo xuntos.

domingo, 18 de enero de 2009

As mulleres de Galicia móvense!


Hoxe, data sinalada pola celebración do meu santo, pero sen abandonar o traballo, acompañei ás mulleres que se desprazaron a Xinzo de Limia a un acto que o PPdeG tiña preparado, aínda que elas dicían que ían a un acto "só apto para mulleres".

Foi impresionante ver a mais de 3.000 persoas concentradas naquel pavillón de Xinzo, arroupando a MªDolores de Cospeda, Alberto Núñez Feijoo e José Luis Baltar. "Daba gloria", como dicía algunha das miñas veciñas, ver o cariño da xente alí reunida cos dirixentes populares.

Este foi o primeiro gran acto da precampaña en Ourense, e deixounos un bo sabor de boca... isto promete!!

PD: Felicidade a tódolos meus tocaios.

miércoles, 14 de enero de 2009

Un martes 13 de bo augurio



Hoxe celebramos a xunta comarcal de Allariz-Maceda baixo a Presidencia de José Luis Baltar, o noso Presidente Provincial. Alí estaban representados Xunqueira de Ambía, Maceda, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Allariz e , por suposto, o anfitrión: Vila de Barrio. Acompañounos tamén a Secretaria Provincial Carmen Leyte.

O Alcalde Popular de Vila de Barrio, Julio, recibiunos e levounos a un acolledor café da súa localidade, onde puidemos facer un repaso da actualidade da nosa comarca e dos problemas e propostas de solucións.

Repasamos as recentemente rexeitadas enmendas aos orzamentos da Xunta que impediron inversións na zona que pasarían dos 20 millóns de euros. Sen embargo tanto o BNG coma o PSOE decidiron votar en contra da comarca impedindo que saíran adiante no Parlamento.

Os dous gobernantes da Xunta dixeron NON a vivendas sociais, a centros de día para maiores, a residencias de anciáns, a saneamentos e abastecementos e tamén a unha vía de alta capacidade que vertebraría a comarca: O corredor de Arnoia, de Maceda a Allariz, etc

O PP non se conforma, e todas estas propostas vanse recoller no programa electoral do noso partido cara as próximas eleccións autonómicas.

Tratamos cuestións puntuais de diferentes Concellos, buscando solucións imaxinativas e reflexivas entre todos.

O Presidente provincial aproveitou para trasladarnos o seu ánimo e o seu empuxe para que novamente o próximo 1 de marzo a nosa comarca sexa un puntal mais para permitir que os galegos teñan un Presidente que sexa capaz de xerar ilusión no pobo galego, e con seu traballo e esforzo, gobernando para todos, sen diferenzas, sexa quen de levar a Galicia novamente e de xeito definitivo, á vangarda das comunidades mais avanzadas de España. Falamos claro está de Alberto Núñez Feijoo.

Vamos a por todas, o éxito só depende de nós e ímolo conseguir!

sábado, 10 de enero de 2009

Venres branco en Ourense capital



Despois de moito tempo, os ourensáns puidemos na mañá do venres, contemplar a fermosura do Ourense branco. O frío esqueceuse durante unhas horas pola exaltación que nos produciu descubrir o manto de neve que nos ía acompañar durante esta mañá.

Non é a mellor situación para andar pola estrada, e o meu camiño cara a Allariz desta mañá tivo que ser "con moito xeito", pois estaba un tanto deslizante.



En Allariz, e debido á pendente das rúas do casco histórico e ao seu empedrado, é normal que os viandantes se despracen paseniños, se non queren ver as súas dignas pousadeiras no chan.

Foi un toque de cor que deu un aire distinto ao día, con incomodidades que os amantes da neve non temos inconvinte en asumir a cambio de desfrutar da súa presenza.


jueves, 1 de enero de 2009

Espectacular triangular de fútbol, por unha boa causa




O pasado día dos inocentes, con medo ao frío que logo non fixo, deixei Allariz pertrechado cunha mochila na que levaba a miña roupa deportiva.

Fun para o Couto a xogar un impresionante partido. O do calificativo é por varios motivos. En primeiro lugar, porque se va a enfrontar 3 planteles orixinais, como son, por un lado políticos, polo outro xornalistas e persoeiros da sociedade ourensán, e polo outro os veteranos do Clube Deportivo Ourense. E, en segundo, e o mais importante, pola causa que motiva o partido: recaudar fondos para o Asilo de San José, para que poidan pagar a calefacción durante todo o ano.

Alí estiveron políticos de tódalas cores, e os do PP non iamos faltar, como JM Baltar (Deputado que marcou un gol...estilo Raúl), Roberto Castro (Deputado), Celso Delgado (Deputado), Manolo Seoane (Alcalde de Peroxa), Pardellas (Alcalde de Melón), Poly (Voceiro no Concello de Ourense), Sousa (Concelleiro en Ourense),...

A política permite participar nestas inicitativas solidarias, que axudan a conformar o sentido social que ésta debe ter. É unha ledicia poder xogar no estadio do Couto, e, se ademais a causa é tan solidaria coma ésta, a satisfacción é completa.

Non é ningunha trola, pódese comprobar nos xornais do día seguinte...