sábado, 21 de marzo de 2009

Onte foi San Pepe ... e hoxe a realidade cotiá:

Onte como foi día de San Pepe, meu sogro maila miña esposa tiveron que invitar a unha boa paparota, que disfrutamos en familia e na casa.

Hoxe pola mañá volvemos a normalidade e puiden estar por Allariz, falando coa xente pola rúa (que por certo está moi parlanchina) e acodir ó Concello a revisar unhas cuestións pendentes. Hai que controlar acotío ....

Pola tarde recibín unha curiosa "notificación" do Sr. Alcalde, "animandome" a retirar un par de cordas e unhos farrapos, restos dunha pancarta do PP das eleccións (Que foi valorizada enerxéticamente por algún non PP, seguramente mais amigo do alcalde que meu). De xeito que si en tres día non as retiro, vaime por unha multa ou procederá a unha "execución subsidiaria" (manda carallo), e dicir que saca o concello e pásame a conta.

Non me sorprende a actitude, pois este é o mesmo que fai días lle dixo no Pleno a miña compañeira Concelleira Luci que "aqui a educación tamén se impón pola forza" (testemuña sonora podese consultar no Youtube, http://www.youtube.com/watch?v=rSEWsIahJJM).

Agora estou pensando ... si respostarlle dandolle 3 días para que retiren do muro do instituto a pintada publicitaria do BNG que leva tempo ... e si non a quitan, vou a pintar o muro e pasolle a factura o BNG ou o Concello ... que vos parece??

Boas noites e que deus vos libre dun "progresista e dialogante" goberno Bloqueiro!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo día.


Ante as reclamacións efectuadas por varias asociacións sindicais instando á Consellería de Educación a efectua-la OPE e posterior convocatoria de acceso ó corpo de docentes de ensinanza Primaria e Secundaria, os opositores e profesores queremos sinalar:

que dada a precaria situación das listaxes, especialmente no caso de materias como Lingua Castelá, Lingua Galega e Historia (insuficiencia de prazas para a adxudicación de vacantes ós funcionarios en prácticas, profesorado interino realizando substitucións ante a imposibilidade de acceder a un contrato de interino, profesorado substituto abocado no mellor dos casos a inestabilidade laboral e no peor ó paro, amortización de prazas e un longo etc.), SOLICITAMOS ós representantes sindicais, encargados de velar polos intereses e a estabilidade laboral dos traballadores do ensino galego, un COMPROMISO REAL coa nosa problemática e ante todo unha negociación cabal e realista da posible Oferta de Emprego Público 2009 para Educación.

Os docentes e opositores galegos somos conscientes das gravísimas consecuencias que tería para as listaxes, e porén para a nosa estabilidade laboral ou ben para o noso obxectivo de acadala, unha convocatoria baseada nunca OEP exigua. Os datos revelan que a estabilidade laboral de moitos de nós perigaría un ano máis, pois unha grande cantidade de substitutos veríanse abocados ó desemprego e aqueles que aínda non foron chamados para traballar para a Consellería, moitos deles con notas superiores ao 8, quedarían sen ningunha posibilidade de acceder nin a un posto como substituto. Por isto, pedimos que, velando polo nosos dereitos, os dereitos de TODOS OS OPOSITORES, a postura dos nosos representantes na negociación de cara á OPE pase inexorablemente pola defensa da NON CONVOCATORIA do devandito proceso selectivo para o corpo de Secundaria no presente 2009. Consideramos que isto é necesario e imprescindible se se quere garantir a estabilidade laboral dos docentes galegos no curso 2009/2010 e constituir uns sólidos alicerces para unha fundamentada convocatoria no 2010.

Como parte máis interesada neste proceso depositamos a nosa confianza en vostedes, defensores dos nosos dereitos e esiximos que se escoite a nosa voz e se teñan en conta as nosas reivindicacións, cousa que, desgraciadamente, ata agora non se fixo.

Grazas e un cordial saúdo,

NNXX de Redondela dijo...

Moito ánimo en Allariz, Antonio, que ahí non se respira democracia precisamente. Un abrazo!