sábado, 25 de octubre de 2008

A Xunta incumpre cos GRUMIR

Hoxe temos que denunciar a incapacidade da Xunta para ordenar as emerxencias en Galicias logo de que a redistribución dos GRUMIR (Grupos Municipais de Intervención Rápida), recollida no pacto local de fai dous anos, leve parelizada todo este tempo, aínda que se establecera unha prórroga inicial ata o 2007 co fin de estudar unha solución de futuro.

A Xunta volveu prorrogar a redistribución e, probablemente, o próximo anuncio da Consellería sexa o de continuar alongando a situación de xeito indefinido, xa que é incapaz de atopar unha solución ao tema das emerxencias en Galicia.

A paralización da organización dos GRUMIR é un incumprimento mais da Xunta cos respecto aos acordos tomados dentro do Pacto Local firmado cos Concellos xa fai dous anos.

O incumprimento destes acordos cos municipios galegos cífrase nun 90%, e ven demostrar que a Xunta tan só estivo para a foto, pero non para resolver os problemas reais dos Concellos galegos.

viernes, 24 de octubre de 2008

Hoxe nace o blog de Antonio Rodríguez Miranda

Son un neno de Aldea, son...
Antonio, Toño, Toñito, Rodíguez Miranda, Miranda,... son os distintos apelativos aos que atendo, porque de todos estes xeitos me chamaron segundo o entorno no que me fun atopando, e me atopo ao longo da miña vida.

Cheguei ao mundo nun lugar chamado Vilar, na parroquia de Pardavedra, que pertence ao Concello de A Bola.
Por motivos de traballo dos meus pais, rematei vinculado a Allariz, onde resido dende hai mais de 30 anos.

Rematados os estudos de Bioloxía na USC, comeceia preparar unhas oposicións, e, o centro no que me preparaba, Academia Postal, rematou sendo o meu lugar de traballo, onde exercín como profesor, logo Xefe de Estudos,e, finalmente, como Director de Formación no centro adicado á preparación de opositores. Sen dúbida, o centro mais reputado xa non só de Galicia, senón posiblemente de España, en preparación de Oposicións. Formar parte do seu cadro docente é algo do que me sinto moi orgulloso.

Durante os mais de 12 anos que exercín a docencia, foron moitas as satisfacións acadadas, pois descubrín que a docencia era a miña vocación, e, polo tanto, nela atopábame moi a gusto.

Sendo xa profesor na Academia POstal, pedíronme incorporarme á candidatura municipal de Allariz no ano 99, onde o contacto con esta vida política namoroume,repetindo xa a experiencia como candidato nas eleccións seguintes.


No discorrer deste traballo, plantexóuseme a posibilidade de incorporarme ás listas das Autonómicas, cun auténtico posto de honra, o quinto, que era un recoñecemento non á miña persoa, senón ao traballo constante, duro e difícil dos militantes de Allariz. Deste xeito incorporeime ao Parlamento de Galicia, procurando facer un traballo serio e responsable en todo momento, tendo presente sempre as necesidades do meu pobo, de Ourense(Provincia á que represento)e de todo o conxunto de Galicia.

Nestes intres estou a responsabilizarme da Portavocía do Grupo Popular en materia de Presidencia e Administración Pública.

...cecáis me alonguei un pouco, pero neste primeiro acercamento, quería facer chegar a calquera, alaricano, ourensán ou galego, cál foi a miña sinxela e humilde experiencia vital aos meus recén cumpridos 41 anos.