lunes, 30 de marzo de 2009

Xa temos os "membros populares" na mesa do parlamento de Galicia.

Onte soubose polos medios que a Presidenta do Parlamento de Galicia vai a ser a Deputada Popular "insigne" Dona Pilar Rojo Noguera , hoxe soubemos que o Vicepresidente é o noso "apreciado e eminente" Manuel Baltar (fonte do coñecemento histórico desta nova mesa), e o Secretario será o compañeiro "salientable" JM Balseiro. Meus parabéns para estes tres compañeiros e moita sorte no desenvolvemento das súas novas tarefas.

Estos son os membros "con poderío", e os dous que quedan tocalle a PSOE, salvo que sexa "xeneroso" co BNG e lle preste un posto para "repescar" algún Alto Cargo, xa non tan alto pero igualmente digno (eso creo).

Queda por desevelarse quen será o Portavoz ??? do Grupo Popular e os Adxuntos?? pero para iso parece que ainda teremos que esperar. Este presi tennos "rillando nos dedos" ... supoño que a espera merecerá a pena!!

Por certo Alberto estuvo fino esta noite!! Pero Mariano foi "agudo coma un allo" vaia maneira de repartir "coñecemento" sobre o pais. Hai si a zapatero se lle pegara ¡ algo!!

Boas noites ... que xa é hora de "meterse no sobre".

miércoles, 25 de marzo de 2009

O Grupo Parlamentario Popular reanuda o seu camiño nunha nova lexislatura e co cometido de sustentar un novo Goberno para Galicia.


Hoxe tivemos a primeira reunión de Deputados electos do Gupo Parlamentario Popular ... entre nós estaba o próximo presidente da Xunta.

Este Grupo Parlamentario que na VII lexislatura rompeu todas as marcas de traballo parlamentario da oposición de todos os tempos, con mais de 30.000 iniciativas, tamén vai a establecer, estou seguro, un novo record de traballo de grupos que sustentaron o goberno.
Santiago. Pepe Ferrin/AGN.-


Somos 38 deputados, nos que se combina a frescura e xuventude das novas incorporacións, coa experiencia e veteranía doutros tantos(19+19), axeitadamente dirixidos e coordinados co Partido e co novo Goberno, non me cabe dúbida de que seremos quen de satisfacer as espectativas que puxeron en nos todos os galego o día 1 de marzo.

En 7 días volveremos a xuntarnos para elexir o Presidente e a mesa do Parlamento, para xurar o cargo, e a partir dese momento empezará o proceso para nomear novo presidente da Xunta ... o Presidente Feijoo.

Boas tardes ... seguireivos contando dende o Pazo do Hórreo.



sábado, 21 de marzo de 2009

Onte foi San Pepe ... e hoxe a realidade cotiá:

Onte como foi día de San Pepe, meu sogro maila miña esposa tiveron que invitar a unha boa paparota, que disfrutamos en familia e na casa.

Hoxe pola mañá volvemos a normalidade e puiden estar por Allariz, falando coa xente pola rúa (que por certo está moi parlanchina) e acodir ó Concello a revisar unhas cuestións pendentes. Hai que controlar acotío ....

Pola tarde recibín unha curiosa "notificación" do Sr. Alcalde, "animandome" a retirar un par de cordas e unhos farrapos, restos dunha pancarta do PP das eleccións (Que foi valorizada enerxéticamente por algún non PP, seguramente mais amigo do alcalde que meu). De xeito que si en tres día non as retiro, vaime por unha multa ou procederá a unha "execución subsidiaria" (manda carallo), e dicir que saca o concello e pásame a conta.

Non me sorprende a actitude, pois este é o mesmo que fai días lle dixo no Pleno a miña compañeira Concelleira Luci que "aqui a educación tamén se impón pola forza" (testemuña sonora podese consultar no Youtube, http://www.youtube.com/watch?v=rSEWsIahJJM).

Agora estou pensando ... si respostarlle dandolle 3 días para que retiren do muro do instituto a pintada publicitaria do BNG que leva tempo ... e si non a quitan, vou a pintar o muro e pasolle a factura o BNG ou o Concello ... que vos parece??

Boas noites e que deus vos libre dun "progresista e dialogante" goberno Bloqueiro!!

martes, 17 de marzo de 2009


Os do bipartito ainda seguen "cocendo fabas"
Polas garantías no acceso ó emprego público .... contra as oposicións amañadas.


Hoxe tiven unha rolda de prensa en Santiago na sede do PPdeG para esixirlle a Vicepresidencia do Sr. quintana que paralice o proceso selectivo do Consorcio de Servizos Sociais. Pretender facer fixos con privilexios a quen xa ocupa postos temporais previa selección moi polémica e onde unha entrevista era parte determinante. Seguramente parte dos traballadores accederon ó seu posto por mérito e capacidade, eses non deben ter temor ... o PP o que pretende é que o proceso se faga con todas as garantías legais e con respecto ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.


Non se pode permitir que a través dun apaño se convirta en fixa a determina señora, parella dun alcalde do BNG, que ten posto nunha residencia dun Concello do que a sua parella é alcalde. Non se pode permitir que a muller dun Concelleiro do BNG que traballa na Galescola do concello onde seu marido é edil, por arte de birli-birloque se convirta en fixa. Claro que a estas señoras que gracias a unha entrevista tiveron praza temporal, por eso van a darlle 9 veces mais de puntos que outros traballadores temporais da Xunta. Dous exemplos que ilustran "as garantías" e o porque as presas coas que se pretende facer este proceso selectivo. (pistas ... ambos concellos están na reserva da Biosfera ... e tamén parece que da BNGASFERA ... será que agora son especie protexida)
Se tivesen a mesma presa para tramitar as prestacións da dependencia ... hoxe en Galicia non habería nin un dependente sen evaluar e sen cobrar!!
O Cid despois de morto disque seguía gañando batallas ... Quintana logo de perder segue a facer cacicadas!!

¡¡Boas noites!! e que os novos tempos traian unha rexeneración do Goberno Galego ... eso é o que lle pediron o 1 de marzo os galegos ó PP ... e eso lle teremos que dar para non defraudalos.
Mais sobre este tema: