miércoles, 31 de diciembre de 2008

Visita ó Oriente ourensán, con Alberto Núñez Feijoo

Son as 9:30h da mañá. A carón do buzón de correos que hai xunto á Subdelegación do Goberno aparca un coche gris plata...vai o conductor só... un home que agarda xunto ao buzón subo ao auto...pasan uns minutos, e un segundo home achégase paseniñamente e sube tamén na parte dianteira.

De seguido o coche arranca, cun xordo ronroneo que denota a súa mecánica diesel, avanza por Curros Enríquez, avanza pola Habana, baixa a Concepción Arenal, segue cara o pabellón dos Remedios que deixa á súa dereita, incorporándose á Avenida da Ribeira Sacra. Continúa acompañando ao Miño en sentido inverso ao avance das augas, pasa por riba de Peares, literalmente, preludio do persoeiro na procura do que van os tres individuos.

Por fin, cruzan unha ponte sobre o Sil, avanzan por unha sinuosa rúa e aparcan diante dun edificio que pon "Centro de Saúde de Carballeda de Valdeorras", e a carón doutro que pon "Centro Social".

Baixan do coche, recíbenos varias persoas, representantes do PP en Carballeda, tamén unha Concelleira do PP en Allariz orixinaria destas terras, a incorpórase á espera de alguén que aínda ten que chegar... alguén mais importante!!

Logo duns minutos aparece outro coche, algo mais grande, e del baixa un importante persoeiro alto, con lentes metálicas, xesto sincero na súa cara e coa man extendida para saudar aos alí presentes. Móstrase cercano coa xente coa que fala, reflexa dominio da situación, seguridade e un sentirse a gusto cos seus acompañantes. Nas caras deles reflíctese satisfacción por tal compañía.

Mentres discorren os saúdos chega un novo coche, alemán, negro, e del apéase un home de cabelo branco, menudo, que concentra a atención dos que alí estaban, e ao que saúdan con respeto e cercanía. Mostra unha viveza especial no seu rostro.

A partires de aquí, comezou unha visita que levou ao Presidente do PPdeG por sete concellos. Logo tocou Rubiá, a continuación A Rúa, e tamén Petín. E xa pola tarde Parada do Sil, Pereiro de Aguiar e A Peroxa.

Sobre as 10 da noite, o coche orixinario volveu entrar nas rúas de Ourense... rematou o día... os demais tamén retornamos ás nosas casas...

martes, 23 de diciembre de 2008

Baños de Molgas: o Concello esquecido pola Xunta


Hoxe visiteu un Concello cun fermoso entorno natural, e referente termal dende hai moitos anos: Baños de Molgas.

Alí tratei co Alcalde e varios Concelleiros diversos temas de actualidade do Concello, entre elas as enmendas aos orzamentos da Xunta, que de ser aprobadas permitirían a este Concello ter, entre outras cousas: unha residencia de anciáns e un centro de día, un centro social, vivendas de protección social na Comarca e unha vía de alta capacidade que uniría o Alto do Couso con Allariz e a A-52, que pasaría a ser a espiña dorsal das comunicacións deste Concello, e tamén a unión coa OU-101.

Reunímonos nun dos entornos mais fermosos, como é o Monte Medo, onde se levanta o Santuario dos Milagros, lugar visitado tódolos anos por centos de galegos. Ás costas tiñamos os cumes aínda nevados da Serra de San Mamed.

Este Concello está a ser esquecido pola Administración da Xunta que gobernan PSdeG e BNG, que non fan mais que rexeitar no Parlamento iniciativas como as citadas enmendas aos orzamentos do 2009, que logo sí demandan no Concellos os propios partidos do PSOE e BNG nun exercicio de hipocresía política deplorable.

Se os seus Deputados apoiaran as enmendas do PP, Baños de Molgas contaría con novos servizos para os seus cidadáns que agora non poden desfrutar.

lunes, 22 de diciembre de 2008

Rematamos o ano sen saber nada do persoal da Xunta

Xa fai mais dun ano que o preguntamos, pero na Xunta de Galicia seguen coa mesma teima de ocultarnos cánto persoal eventual teñen traballando as distintas Consellerías e organismos dependentes. ¿Será tanto que lles da vergoña dicilo? poder ser que sexa iso...

A pesares de que o preguntamos por activa e por pasiva, por escrito e oralmente, a resposta sempre foi a mesma: o silencio, o ocultamento, o escurantismo.

¿Cántos altos cargos teñen ao seu servizo? ¿Cántos amiguiños contratou o Bipartito con calquera excusa? ¿Cál é o seu salario, pagado por tódolos galegos? ¿Cales son as súas funcións concretas? ¿Cál a súa titulación para ocupar o posto que ocupan? Non o sabemos, porque non nolo queren dicir.

O Secretario Xeral da Consellería de Presidencia negouse a comparecer para dar explicacións, e, no seu lugar, enviou á Directora Xeral de Función Pública, que se negou a facilitarnos a documentación coa relación de traballadores a dedo por escrito.

Ata cándo teremos que soportar a mesma burla sistemática, cara á Oposición e cara á Cámara galega? Moita Lei de Transparencia aprobada polo Bipartito, pero ao final, mira por onde os mais transparentes seremos aqueles aos que se nos acusaba do contrario...

sábado, 13 de diciembre de 2008

O Soldadiño de chumbo


Certamente, éncheme de satisfacción o tempo que podo pasar coa miña familia. Hoxe tiven a oportunidade de disfrutar dun pouco dese tempo coa miña filla.

Os dous asistimos ao estreo dunha curtametraxe no Concello de Allariz: O Soldadiño de Chumbo, financiado polo Estado, a Xunta e o Concello de Allariz. Foi unha boa idea.

Tratouse dunha versión de animación con figuriñas de plastilina e animadas multiplicando fotografías do tradicional conto de Andersen.

O desenvolvemento sitúase no museo galego do xoguete, en Allariz. Incorpora personaxes galegas, como a figura dun pescador, e un cigarrón, que sustituía á tradicional figura do arlequín.

É curioso descubrir cómo pola ventá do museo pola que entra a luz, se divisa a silueta de Santiago de Allariz...

Foi unha tradicional, bonita, e triste historia, que permitirá levar ao meu pobo polo mundo, ao mesmo tempo que pais e fillos disfrutan dun tempo xuntos que sen dúbida é moi valioso.



viernes, 12 de diciembre de 2008

Debate en Telemiño

Hoxe pola mañá acudín ao debate en Telemiño, onde tiven que intercambiar posturas con Laura Seara, do PSdeG e Iago Tabarés, do BNG.

Ao principio do debate, todo era mais ou menos razonable. Comezamos paseniñamente, rexeitando o comportamento dos xóvenes radicais independentistas que intentaron boicotear a conferencia do Presidente Alberto Núñez Feijoo a pasada semana, afortunedamente sen éxito, na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (non puideron con él).

Ámbolos dous mostraron o seu rexeitamento a tales actitudes e trasladáronnos o seu apoio.

Logo deste calmoso inicio, revolvéronse as augas, e molestos polas miñas críticas á xestión do bipartito, recrudeceuse o debate. Aínda que non chegou o sangue ó río, o certo é que coa proximidade das eleccións, a xente ponse un tanto nerviosa...¿Por qué será?

A percepción que estamos a ter en xeral, é que tanto o PSOE como o BNG comezaron as súas campañas electorais, cun disimulo ás veces un pouco esquecido nos seus coches e despachos de luxo.

Será que ven cada día mais preto unha posible maioría absoluta do PPdeG que os deixe fora deste tren de vida que tanto lles está a gustar...

sábado, 6 de diciembre de 2008

O Bipartito agocha as cifras

Comisión 1ª no Parlamento... o Goberno tiña que explicar cánto persoal de confianza e altos cargos hai na Xunta... quedamos coas gañas!!!

A sra. Directora da Función Pública veu respostar na Comisión a unha pregunta que non contestou o Goberno por escrito, despois dun ano de tela feito.

Pedímoslle que nos exlpicara cántos altos cargos hai por casa Consellería, cántos eventuais, cáles eran os seus soldos... quedámonos coas gañas de sabelo, pois enumerou os de Presidencia e Economía... e logo acabouse o tempo... de xeito que o próximo día que haxa Comisión, teremos que pedirlle que volva para que siga respostando.

Viva o Goberno da transparencia!! Dime de qué presumes e direiche de qué careces...

viernes, 5 de diciembre de 2008

Pleno no Concello de Allariz, hoxe aprobaron o orzamento

Hoxe pola tarde debatimos os orzamentos do Concello de Allariz, 9 millóns de €..., unha cifra moi importante para un Concello de menos de 6.000 habitantes.

Pois a pesar de que os números son moi elevados, o principal problema é que o grupo do goberno non sabe xestionar con eficacia e eficiencia estes cartos. Así, a pesares de xestionar cada ano unha cantidade importante de recursos, cada ano aumenta a débeda municipal, debendo xa aos bancos case 2 millóns de €, é dicir, mais de 300 millóns das antigas pesetas.

Pero iso non é o peor, o peor é que a fin de ano teremos unha débeda de case 6 millóns de €, mais de 1000 millóns de pesetas. ¿Por qué debemos tanto se manexamos tantos cartos? ¿Cómo se pode xestionar un orzamento de 9 millóns de € cun Secretario e dous auxiliares administrativos en Administración?

Cecais en Administración hai pouco persoal, pero non ocorre o mesmo co resto dos servicios, habendo un funcionario municipal por cada 45 veciños... MANDA!!!

Este goberno é coma unha familia de millonarios que gastan todo pero sen saber exactamente en qué.

Allariz precisa dun goberno que xestione sen despilfarro. Nunha situación coma a actual, cada € debe traer un aproveitamento estrito, debe xerar emprego e riqueza, aumento de benestar para os veciños, non racanear, pero sí ser austeros!

O grupo Popular votou en contra, porque non compartimos esta forma de xestionar... outro día falaremos das empresas municipais.

martes, 2 de diciembre de 2008

Hoxe tocou...hai debate na galega



Hoxe pola tarde tiven que asistir na TVG ao programa de Hai debate..., para confrontar posicións con Jorquera do BNG e Mari Sol Soneira so PSOE, xunto cos xornalistas que tamén formaban parte da mesa.

Tivemos ocasión de ver cómo o PSOE se xustificaba facendo un "papelón" por non permitir que os emigrantes voten en urna nas Autonómicas, como tiña prometido o Presidente Touriño, cando afirmou que sería un fracaso se isto non ocorría. Pois o Señor Touriño parece que fracasou...

Tamén vimos ao BNG que non foi quen de explicar por qué non lle pediu ao PSOE a cambio do seu apoio que reformara o voto emigrante. Cecais será porque ao BNG lle interesa mais que os votos da emigración os poida "amañar" o PSOE e non que poidan ir para o PP.

A posición do PP é moi clara: recoñecemos a parte de responsabilidade que poidamos ter ó non cambiar o sistema de votación, pero o PP gobernou en Madrid 8 anos, e o PSOE 16, polo tanto cada un ten a culpa que lle corresponde.

O PP ten claro que os votos dos emigrantes deben ir en urnas de cristal, do mesmo xeito que os galegos que están aquí.