martes, 17 de febrero de 2009

Allariz quere ser popular

Hoxe foi un día na que o candidatura do PP se centrou en Allariz.

Pola mañá visitamos a feira acompañados de José Manuel Baltar, Rosendo, Roberto Castro e Marisol Díaz. Durante mais de 2 horas recorremos a feira repartindo información electoral, motivo polo cal soubo moito mellor o cafeciño do descanso.

Pola tarde, acompañados polos veciños da comarca, tivemos un entusiasta mítin no hotel AC, arroupados por mais de 500 persoas.

Desfrutamos das palabras de Rosendo, do Presidente Feijoo e , por suposto, das xenialidades do noso incombustible Presidente Provincial, Baltar.

Sentímonos moi a gusto co calor que nos brindaron os veciños e veciñas que nos acompañaron, neste primeiro mítin festexado no salón do hotel AC... ¿Será premonitorio da nova etapa do PP en Allariz?

Cada día notamos que Allariz ten mais ansias populares. Foi un paso mais para por o noso gran de area, que permita que a partires do 2 de marzo, Galicia volva ter un Presidente como merece, un Presidente Popular... o Presidente Feijoo.

CHEGOU O MOMENTO!

1 comentario:

pombolog dijo...

hola antonio, son un xove opositor que se atopa moi desconcertado polas datas dos exames. Antes de nada noraboa pola victoria eleitoral. Gustaríame que me puideras dicir se os exames van retrasarse mais alá do mes de maio ou se todavía non tedes competencia para decidir as datas. atentamente un simpatizante das rias baixas