sábado, 10 de enero de 2009

Venres branco en Ourense capital



Despois de moito tempo, os ourensáns puidemos na mañá do venres, contemplar a fermosura do Ourense branco. O frío esqueceuse durante unhas horas pola exaltación que nos produciu descubrir o manto de neve que nos ía acompañar durante esta mañá.

Non é a mellor situación para andar pola estrada, e o meu camiño cara a Allariz desta mañá tivo que ser "con moito xeito", pois estaba un tanto deslizante.



En Allariz, e debido á pendente das rúas do casco histórico e ao seu empedrado, é normal que os viandantes se despracen paseniños, se non queren ver as súas dignas pousadeiras no chan.

Foi un toque de cor que deu un aire distinto ao día, con incomodidades que os amantes da neve non temos inconvinte en asumir a cambio de desfrutar da súa presenza.


No hay comentarios: