viernes, 24 de abril de 2009

LER PARA CRER: CANDO A POLÍTICA SE SITÚA PORRIBA DOS LEXÍTIMOS DEREITOS DOS CIDADÁNS.(EL CONCEPTO ES EL CONCEPTO)


Nestes días puiden ler detidamente un "acto administrativo" ditado polo Concello de A Bola, responsabilidade da súa "resaltada" Alcaldesa e , supoño, do seu "sabido" Asesor. Documento que a pesar de estar asinado por certa "secretaria accidental", que é unha digna auxiliar administrativa, e que de certo non é responsable do seu contido por non ser da súa autoria, senón dos anteditos "presuntos sicofantes" que cecais en vez dunha resolución administrativa en materia de disciplina urbanística sesudamente redactada, con feitos e fundamentos de dereito, optaron por "unha especie de crónica catilinaria" basada non (ogallá o fora) nos clasicos gregos ou romanos, senón nos "actuais do celuloide" ... en concreto nunha comedia española, moi lograda no meu humilde entender e segundo o meu gusto (que non ten porque coincidir co dos demais) na que o galego "manuel Manquiña" fai un logrado papel.

Pois ben, para apreciar a beleza desta "perla administrativa", na que se arrastran pola lama (de xeito literal) os dereitos dun cidadáns que debería ser tratado con respeto e dignidade polos seus gobernantes, é necesario ler o contido de dita resolución, está publicada ... pasen y vean!!



PAX. 22 B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 8 4 · M é r c o r e s , 1 5 a b r i l de 2 0 0 9



martes, 21 de abril de 2009

HOXE SOLEMNE SESIÓN DE APERTURA DA LEXISLATURA NO PARLAMENTO DE GALICIA


Hoxe pola mañán levouse a cabo a Sesión de apertura da lexislatura no Parlamento de Galicia ... é o pistoletazo de saída para o traballo parlamentario ordinario despois da investidura do novo Presidente da Xunta.


Xa temos ganas de iniciar o traballo ordinario, de defender as nosas propostas, de preguntar ó Goberno, de escoitar as liñas maestras de traballo de cada Consellería ... de recordarlle os da Oposición, e que fai poucos días foron goberno, que agora as cousas fanse doutro xeito ... ou simplemente que agora fanse!! Que agora temos un goberno cun único obxectivo ... servir ós galegos.


A Presidenta do Parlamento hoxe xa adiantou que dentro do necesario consenso, hai que reformar o regulamento do Parlamento para que este sexa mais dinámico e mais vivo, para que no Parlamento se poida esta discutindo o que preocupa na rúa nese preciso momento e non con meses de retraso ... un atractivo reto nos espera.


Iremos vendo....

Boas noites.

RETOMAMOS O PULSO DA REDE: GALICIA XA TEN NOVO PARLAMENTO E NOVO GOBERNO.

XA PASARON MAIS DE 20 DÍAS DENDE O MEU ÚLTIMO COMENTARIO ... ESTIVEN ALGO DISPERSO DURANTE ESTES DÍAS.....
PERO AQUI XA DE NOVO, PARA FALAR DE COMO GALICIA XA TEN UN PARLAMENTO EN FUNCIONAMENTO, XA TEN UN NOVO GOBERNO .... XA TEN UNHA NOVA XERACIÓN DE POLÍTICOS POPULARES DISPOSTOS A AFRONTAR CON RESPONSABILIDADE, CAPACIDADE E TRABALLO ESTE DIFICIL MOMENTO QUE NOS TOCA VIVIR.
EU SEI QUE DENDE O PARLAMENTO, POLO QUE TAMÉN ME TOCA, VAMOS A ESTAR MAIS ACTIVOS QUE NUNCA, E DENDE ESTE NOVO GOBERNO(TAMÉN POR IDADE), QUE CHEGA CUNHA ILUSIÓN ENORME, VAISE A DAR O PULO QUE GALICIA NECESITA NESTE TAMÉN NOVO SÉCULO.

HOXE SESIÓN DE APERTURA DE LEXILATURA NO PARLAMENTO, ÁS 12.30 H, XA VOS CONTAREI...
BOS DÍAS