domingo, 30 de noviembre de 2008

Día de neve... día de ledicia


Encántame a neve, e este fin de semana que estaba no meu pobo, nevou de "raio", como din alí. Qudamos illados, de xeito que non puiden baixar a Allariz ata pasado o mediodía. Por iso aproveitamos a primeira hora da mañá para ir camiñando, pisando neve, ata o alto do S.Cibrao, que é o monte que está a carón da miña aldea.

Subimos nesta fría mañá ta os 900 metros do alto deste monte, dende onde se divisa boa parte do Val de Arnoia, onde se xuntan os Concellos de Rairiz de Veiga, Allariz, a Merca e a Bola. Hai unha capela no alto e, a carón del ahai un bo "marco" onde conflúen os territorios destes catro Concellos.

O frío non evitou que chegaramos á xélida cume, onde enterramos os pés na neve, que nos subía por riba dos zapatos de monte que levabamos Pepa (a miña muller), Andrea (a miña filla), Pepe (o meu sogro) e mais eu, mentres subiamos loitando coa pendente e co frío, durante os case 3 kms que separan o cume do pobo que está ao pé deste monte.

Mereceu a pena o esforzo!! Mágos que a néboa pechada que había, impedira que puidésemos apreciar as fermosas vistas que dende alí se poden disfrutar co bo tempo.

Esta "pisada de neve" atenuou un pouco o "mono" que tiñamos os tres de ir á neve...pois encántanos esquiar...pero outra vez será!

¿Campaña electoral con fondos públicos?

Non satisfeito con incrementar en 10.000 persoas o número de traballadores da Xunta de Galicia dende o ano 2005, o Bipartito disparou tamén o volume de recursos públicos destinados á contratación de asistencias técnicas e consultorías ata o punto de ter licitado no que vai de ano, traballos deste tipo valorados en case 71 millóns de euros, incrementando os gastos nun 62,52% con respecto ao enterios Executivo de PPdeG.

Incrementouse tamén o número de adxudicacións, que pasou das 85 de hai 4 anos ás 152 contabilizadas no período xaneiro-novembro de este ano.

Para materializar o anterior, contan con empresas que manteñen vínculos extra-administrativos cos socios da coalición. É o caso dunha sociedade vinculada ao BNG, e que xa no pasado recibira o encargo de redefinir os usos da Cidade da Cultura, e que actualmente segue recibindo tratos especiais por parte dos seus amigos.

E figuran tamén empresas coma TT&U e a súa filial Pettra, vinculada a coñecidos amigos ou ex-xefes da Conselleira de Política Territorial MªJosé Caride.

¿Por qué non realiza a Xunta de Galciai directamente estes traballos a pesares de contar con 10.000 traballadores mais? Desperdiciar a elevada cualificación profesional do persoal funcionario que a Xunta de Galicia ten en nómina, constitúe un despilfarro que o PPdeG considera innecesario, e que deberá ser explicado convenientemente.

Sen embargo, esta situación podería encubrir tamén, o que sería moito mais grave, a realización de traballos enmarcados na campaña electoral do PSOE e do BNG, dada a experiencia do Bipartito na utilización de fondos públicos para fin políticos.




sábado, 1 de noviembre de 2008

A Xunta pretende borrar ao PPdeG do panorama comarcal

Xunto co meu compañeiro Roberto Castro, presentei onte en Ourense as enmendar parciais formuladas polo meu grupo para tratar de reorientar a reforma da lei de desenvolvemento comarcal impulsada polo goberno bipartito, co obxectivo último de desmantelar un modelo que ten funcionado satisfactoriamente e sen habilitar alternativa algunha.

O gran pecado das fundacións comarcais reside en ter sido constituidas polo anterior Executivo do PPdeG.

Ao tratar de desmantelar as fundacións comarcais, o bipartito busca eliminar a participación do PPdeG nas que estás constituidas actualmente.

O PPdeG xestiona a maioría dos gobernos locais en Galicia, e polo tanto, ten unha represtnación maioritaria en grande parte das fundacións comarcais, razón que leva á Consellería de Medio Rural a tratar de eliminalas coa nova lei, a pesares de que iso implique o despedimento dunha trintena de traballadores.

Para reconducir a situación, as enmendas do PPdeG propoñen recuperar o papel das fundacións como elementos dinamizadores do desenvolvemento rural, converténdoas na cabeceira da estructura física da Xunta en cada comarca, para colaborar cos Concellos, pero tamén co sector privado.