miércoles, 31 de diciembre de 2008

Visita ó Oriente ourensán, con Alberto Núñez Feijoo

Son as 9:30h da mañá. A carón do buzón de correos que hai xunto á Subdelegación do Goberno aparca un coche gris plata...vai o conductor só... un home que agarda xunto ao buzón subo ao auto...pasan uns minutos, e un segundo home achégase paseniñamente e sube tamén na parte dianteira.

De seguido o coche arranca, cun xordo ronroneo que denota a súa mecánica diesel, avanza por Curros Enríquez, avanza pola Habana, baixa a Concepción Arenal, segue cara o pabellón dos Remedios que deixa á súa dereita, incorporándose á Avenida da Ribeira Sacra. Continúa acompañando ao Miño en sentido inverso ao avance das augas, pasa por riba de Peares, literalmente, preludio do persoeiro na procura do que van os tres individuos.

Por fin, cruzan unha ponte sobre o Sil, avanzan por unha sinuosa rúa e aparcan diante dun edificio que pon "Centro de Saúde de Carballeda de Valdeorras", e a carón doutro que pon "Centro Social".

Baixan do coche, recíbenos varias persoas, representantes do PP en Carballeda, tamén unha Concelleira do PP en Allariz orixinaria destas terras, a incorpórase á espera de alguén que aínda ten que chegar... alguén mais importante!!

Logo duns minutos aparece outro coche, algo mais grande, e del baixa un importante persoeiro alto, con lentes metálicas, xesto sincero na súa cara e coa man extendida para saudar aos alí presentes. Móstrase cercano coa xente coa que fala, reflexa dominio da situación, seguridade e un sentirse a gusto cos seus acompañantes. Nas caras deles reflíctese satisfacción por tal compañía.

Mentres discorren os saúdos chega un novo coche, alemán, negro, e del apéase un home de cabelo branco, menudo, que concentra a atención dos que alí estaban, e ao que saúdan con respeto e cercanía. Mostra unha viveza especial no seu rostro.

A partires de aquí, comezou unha visita que levou ao Presidente do PPdeG por sete concellos. Logo tocou Rubiá, a continuación A Rúa, e tamén Petín. E xa pola tarde Parada do Sil, Pereiro de Aguiar e A Peroxa.

Sobre as 10 da noite, o coche orixinario volveu entrar nas rúas de Ourense... rematou o día... os demais tamén retornamos ás nosas casas...

No hay comentarios: