martes, 23 de diciembre de 2008

Baños de Molgas: o Concello esquecido pola Xunta


Hoxe visiteu un Concello cun fermoso entorno natural, e referente termal dende hai moitos anos: Baños de Molgas.

Alí tratei co Alcalde e varios Concelleiros diversos temas de actualidade do Concello, entre elas as enmendas aos orzamentos da Xunta, que de ser aprobadas permitirían a este Concello ter, entre outras cousas: unha residencia de anciáns e un centro de día, un centro social, vivendas de protección social na Comarca e unha vía de alta capacidade que uniría o Alto do Couso con Allariz e a A-52, que pasaría a ser a espiña dorsal das comunicacións deste Concello, e tamén a unión coa OU-101.

Reunímonos nun dos entornos mais fermosos, como é o Monte Medo, onde se levanta o Santuario dos Milagros, lugar visitado tódolos anos por centos de galegos. Ás costas tiñamos os cumes aínda nevados da Serra de San Mamed.

Este Concello está a ser esquecido pola Administración da Xunta que gobernan PSdeG e BNG, que non fan mais que rexeitar no Parlamento iniciativas como as citadas enmendas aos orzamentos do 2009, que logo sí demandan no Concellos os propios partidos do PSOE e BNG nun exercicio de hipocresía política deplorable.

Se os seus Deputados apoiaran as enmendas do PP, Baños de Molgas contaría con novos servizos para os seus cidadáns que agora non poden desfrutar.

No hay comentarios: