sábado, 13 de diciembre de 2008

O Soldadiño de chumbo


Certamente, éncheme de satisfacción o tempo que podo pasar coa miña familia. Hoxe tiven a oportunidade de disfrutar dun pouco dese tempo coa miña filla.

Os dous asistimos ao estreo dunha curtametraxe no Concello de Allariz: O Soldadiño de Chumbo, financiado polo Estado, a Xunta e o Concello de Allariz. Foi unha boa idea.

Tratouse dunha versión de animación con figuriñas de plastilina e animadas multiplicando fotografías do tradicional conto de Andersen.

O desenvolvemento sitúase no museo galego do xoguete, en Allariz. Incorpora personaxes galegas, como a figura dun pescador, e un cigarrón, que sustituía á tradicional figura do arlequín.

É curioso descubrir cómo pola ventá do museo pola que entra a luz, se divisa a silueta de Santiago de Allariz...

Foi unha tradicional, bonita, e triste historia, que permitirá levar ao meu pobo polo mundo, ao mesmo tempo que pais e fillos disfrutan dun tempo xuntos que sen dúbida é moi valioso.



No hay comentarios: