domingo, 30 de noviembre de 2008

Día de neve... día de ledicia


Encántame a neve, e este fin de semana que estaba no meu pobo, nevou de "raio", como din alí. Qudamos illados, de xeito que non puiden baixar a Allariz ata pasado o mediodía. Por iso aproveitamos a primeira hora da mañá para ir camiñando, pisando neve, ata o alto do S.Cibrao, que é o monte que está a carón da miña aldea.

Subimos nesta fría mañá ta os 900 metros do alto deste monte, dende onde se divisa boa parte do Val de Arnoia, onde se xuntan os Concellos de Rairiz de Veiga, Allariz, a Merca e a Bola. Hai unha capela no alto e, a carón del ahai un bo "marco" onde conflúen os territorios destes catro Concellos.

O frío non evitou que chegaramos á xélida cume, onde enterramos os pés na neve, que nos subía por riba dos zapatos de monte que levabamos Pepa (a miña muller), Andrea (a miña filla), Pepe (o meu sogro) e mais eu, mentres subiamos loitando coa pendente e co frío, durante os case 3 kms que separan o cume do pobo que está ao pé deste monte.

Mereceu a pena o esforzo!! Mágos que a néboa pechada que había, impedira que puidésemos apreciar as fermosas vistas que dende alí se poden disfrutar co bo tempo.

Esta "pisada de neve" atenuou un pouco o "mono" que tiñamos os tres de ir á neve...pois encántanos esquiar...pero outra vez será!

No hay comentarios: