Hoxe celebramos a xunta comarcal de Allariz-Maceda baixo a Presidencia de José Luis Baltar, o noso Presidente Provincial. Alí estaban representados Xunqueira de Ambía, Maceda, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Allariz e , por suposto, o anfitrión: Vila de Barrio. Acompañounos tamén a Secretaria Provincial Carmen Leyte.
O Alcalde Popular de Vila de Barrio, Julio, recibiunos e levounos a un acolledor café da súa localidade, onde puidemos facer un repaso da actualidade da nosa comarca e dos problemas e propostas de solucións.
Repasamos as recentemente rexeitadas enmendas aos orzamentos da Xunta que impediron inversións na zona que pasarían dos 20 millóns de euros. Sen embargo tanto o BNG coma o PSOE decidiron votar en contra da comarca impedindo que saíran adiante no Parlamento.
Os dous gobernantes da Xunta dixeron NON a vivendas sociais, a centros de día para maiores, a residencias de anciáns, a saneamentos e abastecementos e tamén a unha vía de alta capacidade que vertebraría a comarca: O corredor de Arnoia, de Maceda a Allariz, etc
O PP non se conforma, e todas estas propostas vanse recoller no programa electoral do noso partido cara as próximas eleccións autonómicas.
Tratamos cuestións puntuais de diferentes Concellos, buscando solucións imaxinativas e reflexivas entre todos.
O Presidente provincial aproveitou para trasladarnos o seu ánimo e o seu empuxe para que novamente o próximo 1 de marzo a nosa comarca sexa un puntal mais para permitir que os galegos teñan un Presidente que sexa capaz de xerar ilusión no pobo galego, e con seu traballo e esforzo, gobernando para todos, sen diferenzas, sexa quen de levar a Galicia novamente e de xeito definitivo, á vangarda das comunidades mais avanzadas de España. Falamos claro está de Alberto Núñez Feijoo.
Vamos a por todas, o éxito só depende de nós e ímolo conseguir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario